DESCARGAR
San Pedro, Manual de Instrucións.
“Ó entender Northampton entendo o resto do mundo. Para entender o universo intenta entender a rúa onde vives.”
Alan Moore
O QUE É: San Pedro, Manual… é un audiopaseo. Unha experiencia a medio camiño entre as audioguías dun museo, a antropoloxía e o teatro. Apropiandonos de parte do traballo de entrevistas realizadas para o Mapa Emocional, elaboramos unha visita polo barrio na que tentamos redescubrir as rúas de todos os días. A ver que mais nos poden contar.
CÓMO FACER O ROTEIRO:
Para poder facer a ruta, tan só tes que descargar o arquivo mp3 a un dispositivo reproductor (teléfono móbil, ipod, etc.) e dispoñer duns cascos para poder sumerxirte no audio. Recomendamos que uses os mellores auriculares dos que dispoñas, para poder gozar mellor da experiencia. Asegúrate de que a batería do dispositivo durará os corenta minutos que dura o arquivo de audio.
Logo, diríxete ó punto inicial do roteiro: O parque de Bonaval, concretamente a zona do cemiterio, entrando pola rúa de Bonaval, 27. Unha vez alí, ponte os auriculares, desconecta as chamadas de teléfono, dálle ó play, e deixate guiar pola voz que escoitarás.
Podes revisar antes a ruta, para asegurar que non te perderás, no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18300278
Se facedes o roteiro en grupo, tentade darlle ó mesmo tempo ó play. Pero non te preocupes por defases de uns cantos segundos.
E se tes algún tio de problema de mobilidade, tan só pausa o audio en canto escoites as indicacións de ruta.
QUEN O FIXO:
Creación, escrita: Marcos PTT
Voz: Vero Rilo
Asistencia creativa: Expo, Carlos Santiago.
Gravación e Deseño de son: Xurxo Pinheiro.
Agradecementos: Chévere, Clara Gayo, Colectivo Galicia Emocional.
Adicado ó meu tío Juan, que me descubríu a ciencia-ficción.
Este formato está inspirado no traballo de paseos realizado por Janet Cardiff e George Bures Miller.
San Pedro, Manual de Instrucións. foi gravado e editado no estudio Soyuz, nos meses de maio e xuño de 2107.